viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaO Concello pecha coa CMVMC de Torneiros a cesión dunha parcela para...

O Concello pecha coa CMVMC de Torneiros a cesión dunha parcela para rehabilitar aparcamentos na fase I

Son 914 m2 ubicados en Ribeira que permitirán reordenar o tráfico na zona.

O Concello do Porriño e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Torneiros asinaron esta semana o convenio de cesión que permitirá á administración local facer uso duns terreos situados fronte á Fase I do polígono residencial de Torneiros.

Concretamente, trátase dunha parcela segregada de 914 m2, propiedade dos comuneiros, que o Concello do Porriño destinará á ampliación do viario e a habilitar novas prazas de aparcamento na zona. O acordo asinado transfire a propiedade do terreo á administración local e lexitima ao Concello á ocupación do solar e a realizar no mesmo as obras oportunas.

“Trátase dun acordo que levaba tempo negociándose, que permitirá reordenar o tráfico na zona e habilitar algunas prazas de aparcamento para a veciñanza da Fase I, que carece de espazos onde estacionar preto das súas vivendas”, explicou o rexedor, Alejandro Lorenzo, quen agradeceu á CMVMC de Torneiros “a súa disposición a chegar a acordos en beneficio das veciñas e veciños da súa parroquia”. 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES