viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTui busca nomes de mulleres para as rúas e espazos públicos

Tui busca nomes de mulleres para as rúas e espazos públicos

Ábrese un proceso de participación no que a cidadanía pode realizar as súas propostas. 

 Actualizar o nome das rúas e dos espazos municipais de Tui incorporando nomes de mulleres destacadas na historia, economía, movementos sociais, ciencia, cultura, é o obxectivo do traballo que está a desenvolver o concello de Tui, dando así cumprimento á medida 7.3 do III Plan de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes de Tui 2020-2024 .  Nesta cambio “preciso e relevante” para a cidade, dende o concello quérese facer partícipe á cidadanía polo que se inicia un proceso de participación pública para recoller propostas sobre mulleres destacadas para dar nome a rúas e espazos públicos, contribuíndo deste xeito á visibilización das mulleres na cidade. 

A concelleira de Igualdade, Ana Núñez, convida a “toda a cidadanía a participar deste proceso para enriquecer as rúas da nosa cidade cos nomes das mulleres da nosa historia, unha historia na que as mulleres tamén estivemos presentes e continuamos estando porque sen nós a historia está incompleta”. Conta para os informativos de Si Radio de Galicia que «non se trata de quitar senon de equiparar» porque «as mulleres formamos parte da historia e do que no se fala non existe».

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES