miércoles, mayo 8, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño adxudicará o mantemento de xardíns, áreas verdes e paseo do Louro

Porriño adxudicará o mantemento de xardíns, áreas verdes e paseo do Louro

O Concello vén de poñer en marcha os procesos de contratación para estes servizos.

Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño:


No caso da zona residencial de Torneiros e no casco urbano o procedemento estase a sustanciar por procedemento aberto cun orzamento total de 211.665,30 euros/ano IVE incluído, atopándose neste intre en fase previa a adxudicación. Os traballos a realizar pola empresa adxudicataria consistirán en operacións de mantemento tales como rego, sega e perfilado, recorte e poda de arborado, arbustos e sebes, aireación e escarificado, resembra, entrecavas, escardas e rastrillado, así como a limpeza de zonas verdes e espazos axardinados entre outras.
Polo que respecta ao procedemento de contratación do mantemento do paseo do Río Louro, o procedemento que se está a seguir é o aberto simplificado cun orzamento total de 50.842,86 euros IVE incluído, atopándose ata o vindeiro 28 de marzo en fase de presentación de propostas. O alcance e extensión desta contratación comprende os traballos de conservación e mantemento do paseo do Louro tales como a eliminación de malezas, limpeza e mantemento de sendeiros e áreas forestais.
Con estas actuacións, indica o alcalde Alejandro Lorenzo, “o goberno municipal pretende acabar coas prácticas de adxudicación irregular que se viñan levando a cabo en anos anteriores, para acadar o mantemento das áreas públicas mediante o abono do prezo axustado ao mercado, froito da concorrencia de diferentes empresas co conseguinte beneficio económico para as arcas municipais, ao tempo que se dará resposta a un servizo básico e esencial que non se estaba realizando”.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES