viernes, junio 2, 2023
Google search engine
InicioComarcasO CondadoO PP de Ponteareas explica o PXOM polas parroquias e no centro...

O PP de Ponteareas explica o PXOM polas parroquias e no centro urbano

Aseguran os populares que reciben «un aluvión de queixas e preguntas dos veciños que nons abencomo quedaron as súas parcelas». 

 

O Partido Popular  da vila do Tea  inicia unha rolda de reunións «para explicar o documento do PXOM, aprobado polo bipartito, en todas as parroquias e no centro de Ponteareas». Deste xeito, os populares explicarán «como queda ordenado o territorio diante do aluvión de queixas e preguntas que están a realizar os veciños que non saben como quedaron as súas parcelas ao non ter oportundiade de comprobalo porque o bipartito non fixo exposición pública», segundo explican nun comunicado. 

Farán «un repaso por cada parroquia coas súas particularidades e explicaremos os cambios máis significativos, na maioría a redución de construción de vivendas unifamiliares» porque , di a líder do Partido Popular de Ponteareas, Belén Villar, «atopámonos con xente que non sabe que a súa parcela xa non é edificable» ou con  «persoas que lles pasa un vial por encima das súas propiedades que tamén descoñecían estes cambios». Apunta Villar a que esta é a «consecuencia de facer un documento sen consenso, sen publicidade e sen contar coas emendas presentadas polos demais grupos políticos, como xa é habitual”. 

As reunións comenzan polas parroquias

A primeira xuntanza produciuse na parroquia de Areas, «á que acudiron decenas de persoas interesadas en coñecer estes cambios» posto que, din os populares, «son irreversibles» e que «só poden alegar mediante vía xudicial». Refírense a «parcelas que eran edificables no centro da parroquia e agora son rústicas, ou de naves na N-120 que na aprobación iniciar estan en mini polígonos industriais e que agora desapareceron e quedan en rústico, co prexuízo que iso supón para eses negocios e os seus propietarios». 

As próximas reunións continuarán polo rural e ao finalizar todas as parroquias iniciarase outra rolda de reunións en diferentes partes do pobo de Ponteareas.

 
ARTIGOS RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

- Advertisment -
Google search engine

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES