viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaTres novas medallas para o Club Xadrez Mos

Tres novas medallas para o Club Xadrez Mos

Ouro, prata e bronce viñeron para a localidade mosense da man de Noa Costas, Carmen Gallardo e Mauro Sanromán

En recoñecemento aos resultados nos Campionatos Galegos, celebrouse unha recepción ao equipo nas dependencias do club, no antigo Centro Recreativo e Cultural de Torroso.
No acto estiveron presentes Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos; José Areal, concelleiro de Deportes; membros da directiva do Club Xadrez Mos; membros da corporación municipal e os xadrecistas homenaxeados participantes nos Campionatos Galegos Sub-8/-14/-18 que se celebraron en Padrón os días 26, 27, 28 de febreiro e 1 de marzo.
Una expedición formada por 16 xogadores e xogadoras representou ao Club Xadez Mos na competición: Martín, Roque, Mateo, Martín, Carmen, Javier, Hugo, Noa, Adrián, Mateo, Mario, Maia, Saúl, Mauro, Xabier e Joaquín.
Os resultados que obtiveron foron os seguintes:

  • Noa Costas Senlle, campioa galega Sub-14
  • Carmen Gallardo García, subcampioa galega Sub-14
  • Mauro Sanromán Costas, bronce Galicia Sub-18
  • Martín Burgo, 4° Galicia Sub-8
  • Xabier Pérez Sousa, 6° Galicia Sub-18

Liga Galega
O 12 febreiro comezou a Liga Galega por Equipos de Club, onde están a participar 9 equipos do Club Xadrez Mos, formados por un total de 64 xogadores e xogadoras.
A competición xógase a nivel autonómico, todos os sábados, ata o vindeiro sábado 23 de abril.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES