sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasO CondadoRibadetea reclama o proxecto de execución do saneamento para a totalidade da...

Ribadetea reclama o proxecto de execución do saneamento para a totalidade da parroquia

Rexistran unha solicitude para reunirse coa directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, para que non se limite ao 20%.

A Plataforma polo saneamento de Ribadetea vén de solicitar polo rexistro municipal de Ponteareas unha reunión coa directora de Augas de Galicia para insistir en reclamar a redacción do proxecto de execución da totalidade da parroquia. Actualmente, o proxecto de execución só contempla o 20% do territorrio da parroquia polo que piden que se amplíe «á totalidade da rede de saneamento de auguas residuais» aínda que «as obras se poidan executar por fases».

Lembra tamén un dos seus voceiros, Delfín Domínguez, que Ribadetea está dentro da rede Natura 2000 e que «por parte da Unión Europea existen actualmente fondos extraordinarios suficientes para as obras» polo que «non vemos a necesidade de demorar esta actuación».

Escoita a entrevista completa con Delgín Domínguez:

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES