sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasO CondadoA Plataforma N-120 decide este luns se mantén a manifestación do 1...

A Plataforma N-120 decide este luns se mantén a manifestación do 1 de abril

Reúnense hoxe coa alcaldesa Cristina Fernández Davila co fin de ter máis información sobre o proxecto da mellora da estrada que anunciou o Ministerio.

 

A Plataforma Nacional 120 reúnese este luns coa alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, co fin de decidir se manteñen a manifestación que convocaron para o 1 de abril para reclamar a mellora da seguridade viaria da estrada. Os veciños e as veciñas que conforman a plataforma queren obter máis información sobre as actuacións que o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana anunciou o venres mediante un comunicado de prensa porque, agora mesmo, » como non se sometou a exposición pública, non sabemos que se vai facer».

A esa xuntanza non irá o socio de goberno do Bloque Nacionalsita Galego, o PSOE, porque di un dos seus voceiros Jose Luis Campos que nun contexto no que «recibimos ataques do PSOE»  e no que «perderon unha oportunidade de ouro», din os da plataforma, «non queremos discutir con eles». Avisa Campos que «agora é cando vén o traballo de verdade».

Podes ecoitar a conversa completa aquí:

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES