sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasVigoGrave unha moza viguesa ao cravárenlle un tacón na cara

Grave unha moza viguesa ao cravárenlle un tacón na cara

Intercambio de acusacións. Unha moza  foi detida por, supostamente, cravarlle un tacón do zapato a unha moza viguesa de 25 anos na cara, moi preto do ollo, ata facela sangrar despois de que esta a queimase previamente cun cigarro.

Aconteceu de madrugada, sobre as 4.00 horas, segundo as testemuñas, no centro da cidade olívica, na rúa Inés Pérez de Zeta.

O enfrontamento iniciouse no interior dun local de copas. Unha das mulleres alegou que iniciou a pelexa porque a botaran dese local por culpa da outra. No medio da liorta sacou o zapato e cravoulle o tacón na cara á vítima. A agresora dixo que actuou dese xeito porque a outra muller lle fixera previamente dúas queimaduras cun cigarro na cara.

A vítima presenta unha ferida grave moi preto do globo ocular. Tras a agresión sangraba abundantemente e tivo que ser trasladada en ambulancia ao hospital Álvaro Cunqueiro.

Ata o lugar acudiron varias patrullas da Policía Local de Vigo, que detiveron a agresora.

Está previsto que a muller pase a disposición xudicial nas próximas horas.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES