viernes, abril 19, 2024
InicioO PaísOurenseOurense volve a acoller o circuíto de carreiras populares

Ourense volve a acoller o circuíto de carreiras populares

Están previstas seis carrerias e o prazo de inscrición ábrese o vindeiro luns 14 de marzo.

Tras longos meses lonxe das pistas a causa da pandemia, os apaixonados das carreiras populares volven á competición. O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense vén de aprobar o regulamento do circuíto “Correndo por Ourense 2022”.

Para este 2022 está previsto a realización de seis carreiras no Vinteún, O Couto, Centro, Zona Universitaria, A Ponte e A Carballeira.

As inscricións realizaranse na páxina web carreirasgalegas.com, e o prazo para a primeira das probas comeza o día 14 e remata o mércores anterior á carreira, volvéndose abrir o luns seguinte para a seguinte das probas

As seis carreiras xa están incluídas no calendario da Federación Galega de Atletismo e estarán controladas polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense).

“Correndo por Ourense 2022” será organizado polo Consello Municipal de Deportes, coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Deportivo Aurum, o Club Ourense Atletismo e a Asociación de Veciños Carlasca.

O concelleiro de Deportes, Mario Guede, recalca que coa aprobación deste regulamento “imos recuperando pouco a pouco a normalidade deportiva na nosa cidade tralos paróns obrigados pola pandemia, cun circuito de carreiras populares que cada ano ten máis participantes e que se reforza en cada edición”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES