martes, abril 30, 2024
InicioComarcasLouriñaO Club Archers Team presume de subcampión de España de Tiro con...

O Club Archers Team presume de subcampión de España de Tiro con Arco

Xes Argüelles, de tan só 15 anos, xa conseguira o ouro no nacional no ano 2020

O Concello del Mos acolleu a recepción do deportista, acto no que estivo acompañado do seu pai e presidente do club mosense Archers Team, Luis Argüelles Pérez, a alcaldesa Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, José Areal e demais membros do equipo de goberno e da corporación municipal.

Xes proclamouse subcampión no Campionato de España de Arco Recurvo e Arco Composto en Sala, celebrado o 19 e 20 do pasado mes de febreiro en Marina D’Or, bbtendo a medalla de prata na modalidade de arco composto Categoría Sub-18.

En 2020 Xes Argüelles xa se erixira Campión de España nesta mesma modalidade pero en Categoría Sub-14. Este ano logrou tamén outro segundo posto no Trofeo Federación de Sala e quedou finalista do Campionato Internacional celebrado en Asturias (Arco Nalón Shoot, onde foi o finalista máis novo) o pasado mes de novembro, pero nesa ocasión competiu contra adultos na modalidade Vegas, xa que nesa competición todas as categorías de idade compiten xuntas.

Argüelles Presa leva competindo desde os 8 anos e a paixón polo tiro con arco vénlle de familia, lévao nos xenes por así dicilo, xa que os seus pais compiten ambos tamén na modalidade de arco composto.

Os seus próximos obxectivos son a Liga Nacional de Cadetes e o sistema de clasificación para o Campionato de Europa que se celebrará este verán no Reino Unido, para o que ten moitas opcións de clasificarse.

O Club mosense Archers Team, con sede no Pavillón Pena de Francia, conta actualmente con 13 deportistas, todos adultos de 40 anos de idade en diante, agás Xes, que é o único mozo.

As datas e horarios de adestramento son os luns de 19:05 a 21:55h. e mércores de 20:05 a 21:55h. e tamén os sábados e domingos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES