viernes, mayo 3, 2024
InicioComarcasLouriñaMos oferta un curso sobre uso de tecnoloxía móbil para maiores

Mos oferta un curso sobre uso de tecnoloxía móbil para maiores

Impartirase o 30 de marzo e o prazo de inscrición atópase xa aberto

CARTEL A3 EXPERT MOS page 0001A concellería de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial, Emprego e Educación, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios e a Fundación AEB da Asociación Española de Banca ofrece o curso de novas tecnoloxías para maiores titulado ‘Fai click coa tecnoloxía’.
Os interesados en participar xa poden inscribirse nesta acción formativa que impartirá Expertclick o 30 de marzo na Axencia de Colocación do Concello de Mos de 16.00 a 18.00 horas da tarde. Para formalizar a súa inscrición as persoas que queiran realizar este curso deben facelo a través do teléfono 986 48 77 86 ou enviando un correo electrónico ao enderezo info@axenciadecolocacionmos.es
Expertclick ofrece formación en novas tecnoloxías a maiores de 55 anos, especialmente de zonas rurais.
Nos cursos gratuítos presenciais e en liña, os maiores aprenden a navegar con seguridade e confianza por Internet e a utilizar o seu teléfono móbil ou tablet para comunicarse por videoconferencia, facer xestións co seu banco, pedir unha cita médica, comprar en liña ou aproveitar o seu tempo de lecer creativo na rede.
O obxectivo é aumentar a súa independencia e autonomía persoal á hora de comunicarse, realizar trámites e participar de forma activa na sociedade, mellorando así a súa autoestima e favorecendo un envellecemento activo e saudable.
Expertclick é un programa realizado por Fundación Cibervoluntarios e a Fundación AEB da Asociación Española de Banca (AEB), co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

Que aprender en ‘Fai click coa tecnoloxía’?
Os cursos gratuítos de Expertclick ensinan a utilizar: • App para estar conectade@s: videochamadas e Whatsapp • App de xestión para o día a día: saúde e banca en liña • App de entretemento e lecer: redes sociais.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES