sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasLouriñaCortan unha ducia de tilos do Parque do Cristo ante o risco...

Cortan unha ducia de tilos do Parque do Cristo ante o risco de caída

Os estudos técnicos solicitados polo Concello do Porriño determinaron que presentan un estado deficiente, advertíndose madeira en fase de descomposición e a afectación das raíces por varios fungos.

O Concello do Porriño xa ten os resultados do informe técnico que se solicitou á Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación de Pontevedra sobre o estado dos tilos do Parque do Cristo, debido ao seu aparente mal estado e á caída de varios deles. O mesmo conclúe a necesidade de proceder á súa tala de maneira inmediata ante o problema de seguridade que supoñen.

“Pese a que non estamos a falar de árbores de moita antigüidade confirmouse un estado deficiente, advertíndose da existencia de madeira en fase de descomposición”, sinalan fontes municipais. Para comprobalo fixéronse probas co resistógrafo.
Por outra banda, determinouse que as árbores están afectadas por dous fungos: Armillaria mellea e Bjerkandera adusta. O primeiro deles, Armillaria mellea, ataca ás raíces principais e as destrúe por completo e o segundo, B. Adusta produce podremias brancas e destrúe os tecidos vivos.

No informe tamén se indica que a súa evolución non será positiva, senón que continuará o proceso de degradación ata que se veñan abaixo.

En base a isto, e de acordo ao informado polos servizos técnicos municipais, o pasado martes acordouse proceder ao valado urxente da praza e do parque infantil para evitar situacións de perigo para os viandantes, e proceder de inmediato á tala dos 12 tilos afectados. Polos mesmos motivos de seguridade, tamén se cortou o sauce do parque da Avenida de Buenos Aires, xunto ao río Louro

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES