O Concello de Baiona, a través da Concellería de Igualdade, celebra o vindeiro 25 de novembro un acto conmemorativo con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as mulleres. O acto terá lugar ás 12:00 horas na Praza de Abastos de Baiona.
Durante o acto, a Concellería de Igualdade presentará a súa nova campaña de sensibilización, deseñada especialmente para visibilizar e concienciar sobre a violencia contra as mulleres e reforzar o compromiso colectivo coa súa erradicación. A xornada contará ademais coa actuación musical da cantautora galega MJ pérez.
Dende o Concello de Baiona invitan a “veciños e veciñas a sumarse a este acto e a mostrar o seu compromiso cunha sociedade igualitaria, libre de violencia machista e na que os dereitos e a liberdade das mulleres estén plenamente garantidos”.

