HomeNewsActualidadeO TSXG frea o intento de Vigo de trasladar ao Porriño custos...

O TSXG frea o intento de Vigo de trasladar ao Porriño custos da auga de Eiras

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ven de emitir un fallo firme polo que desestima o recurso de apelación interpuesto polo Concello de Vigo, ratificando así a sentenza previa que daba a razón ao Concello do Porriño. A resolución confirma a anulación do acordo plenario adoptado polo consistorio vigués en marzo de 2023, co que pretendía actualizar e esixir ao Porriño o pago de custos de operación e mantemento das infraestructuras de captación e condución do encoro de Eiras, apuntando que “la ausencia de soporte documental (por parte do Concello de Vigo) determina indefensión y anulabilidad”. O escrito sinala ademais que máis do 60 % do importe reclamado correspondía ao mantemento da presa de Eiras, cuxa explotación e mantemento son competencia da Administración autonómica.

A Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG avala así os argumentos expostos pola defensa do Concello do Porriño ao concluir que a actuación do Concello de Vigo incorreu nunha insuficiente xustificación material.  “A ello se añade que no constan en el expediente debidamente justificados los datos de los que parte el Concello para determinar los costes que debe asumir el Concello de O Porriño”.

Un dos aspectos clave nos que incide o alto tribunal é que máis do 60% dos custos que Vigo pretendía repercutir corresponden ao mantemento da presa de Eiras. A este respecto, a Sala reitera a súa propia xurisprudencia lembrando que a explotación, conservación e mantemento desta infraestrutura de regulación hidráulica non corresponde ao Concello de Vigo, senón á Administración autonómica a través de Augas de Galicia.

O tribunal tamén subliña que recae sobre a administración que reclama os custos a obriga de probar e xustificar debidamente a súa actualización, sen que se poida trasladar a carga da proba á outra parte nin apelar a criterios xenéricos ou de equidade para validar un cobro sen soporte legal. “Por tanto, y tal y como señala la sentencia de instancia, debe tenerse en cuenta que más 60% de los costes reclamados corresponden al mantenimiento de la presa de Eiras, cuya explotación y mantenimiento es competencia de la Administración autonómica.  A ello se añade que no constan en el expediente debidamente justificados los datos de los que parte el Concello para determinar los costes que debe asumir el Concello de O Porriño” relata o informe.

Pola súa banda, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, volveu a tender a man ao Concello de Vigo para solventar esta disputa de xeito dialogado. “O que ten que facer é sentarse con nós, non pode serguir tomando acordos unilateralmente sen contar co resto de Concellos que teñen a concesión como neste caso é o Concello do Porriño”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS