sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasLouriñaMos inicia a ronda de sinaturas dos convenios cos clubes deportivos locais

Mos inicia a ronda de sinaturas dos convenios cos clubes deportivos locais

Suman un total de 11 subvencións que ascenden a preto de 80.000 euros anuais neste 2022.

O Concello de Mos asinou esta mañá o primeiro convenio de colaboración para unha das subvencións anuais a clubs e deportistas locais incluídas no orzamento municipal para este 2022. Tratouse do convenio coa Unión Deportiva Mos, que asinaron a alcaldesa, Nidia Arévalo, e o presidente do club, Pablo Alonso Serodio, coa presenza do concelleiro de Deportes, José Areal.

Durante os vindeiros días asinaranse os documentos cos demais beneficiarios que son o Club Louro Tameiga, o Club Tenis de Mesa, o Club Xadrez Mos, o Club Natación Mos, as Escolas de Patinaxe de Mos, o Club Patinaxe Artístico Rosaleira, Xiramos, o nadador Juan Ferrón, a bailarina Patricia Martínez e a ciclista Susana Alonso.

O convenio de colaboración entre o Concello de Mos e a Unión Deportiva Mos asínase anualmente, neste caso coa finalidade de contribuír a financiar a realización da actividade de desenvolvemento do programa de dinamización do proxecto deportivo da entidade durante a tempada 2021-2022, que abrangue dende setembro 2021 a agosto 2022, nas categorías de fútbol masculino e feminino, beneficiando á Unión Deportiva Mos e á Unión Deportiva Mos Feminino.

Nestas 11 subvencións nominativas a clubs e deportistas individuais a administración local mosense inviste 77.600 euros anuais neste 2022.

Respecto do UD Mos Feminino cómpre destacar “a valía destas mulleres e o meteórico da súa traxectoria deportiva, sendo un auténtico exemplo de traballo duro, esforzo, superación e deportividade para toda a cidadanía mosense e un verdadeiro orgullo para o Concello de Mos” declararon a rexedora local e o edil de Deportes, Arévalo e Areal respectivamente, facendo referencia ao ascenso a Primeira do U.D. Mos Femenino na tempada 2019-2020, o que supuxo para o club un grandísimo logro. Esta é a segunda tempada que xogan en Primeira Nacional.

O Concello de Mos é o principal patrocinador do UD Mos Feminino, xa que subvenciona dous tercios do orzamento total que ten o equipo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES