martes, abril 23, 2024
InicioComarcasO CondadoPonte Solidario anuncia unha "reivindicación pública" polas listas de agarda dos Servizos...

Ponte Solidario anuncia unha «reivindicación pública» polas listas de agarda dos Servizos Sociais

O voceiro da asamblea di que «non somos mentirosas» e que «non é verdade que se atendan no mesmo día os casos de urxencia».

A principal organización de soporte social de Ponteareas, Ponte Solidario, anuncia unha «reivindicación pública» para conseguir que se reduzan as listas de agarda nos Servizo Sociais da vila, tal e como explicou nos informativos un dos seus voceiros Manoel Ucha. Insisten en que «non é verdade iso de que se atenden no mesmo día os casos de urxencia» en referencia as declaracións que fixo a concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, nos micrófonos de Si Radio de Galicia nas que desmintiu que as persoas esperen ata tres meses para recibir atención das traballadoras deste servizo municipal.

Esa reivindicación pública chegará unha semana antes do pleno ordinario do mes de febreiro polo que tería lugar entre o día 14 e o 20 deste mesmo mes. Amáis, explica que sinalar ás traballadoras como as persoas que se encargan de decidir que é ou que non é urxente «é como botarlle a culpa aos médicos e as médicas de que funcione mal a Atención Primaria». Neste senso, reclaman á concelleira que aclare que é para ela un caso de emerxencia e se o é que unha persoa teña que solicitar unha axuda para pagar o aluguer da vivenda.

Entrevista completa

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES