jueves, mayo 2, 2024
InicioNewsO PaísMáis de 3.000 mortos pola pandemia en Galicia

Máis de 3.000 mortos pola pandemia en Galicia

Galicia supera a cifra dos 3.000 falecementos por coronavirus desde o inicio da pandemia. Tras sumar 21 novos decesos notificados polo Sergas, Galicia acada a cifra de 3.008 mortos pola COVID-19.

Galicia baixa dos 50.000 casos activos de COVID-19. Rexistra actualmente 49.376 persoas con coronavirus en Galicia.

Na última xornada  diagnosticáronse 3.195 novos contaxios.

Baixan os positivos en todas as áreas sanitarias. A baixada máis acusada, a de Vigo:

A Coruña: 10.790 (-433)

Vigo: 12.161 (-731)

Ourense: 4.791 (-242)

Santiago: 8.895 (-220)

Lugo: 5.107 (-258)

Pontevedra: 5.287 (-195)

Ferrol: 2.345 (-106)

Os hospitalizados por coronavirus baixan dos 700 e quedan en 692: Hai 646 contaxiados en planta e 48 en UCI.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES