lunes, mayo 27, 2024
InicioComarcasLouriñaUnha hamburguesa porriñesa asipira a ser a mellor de España

Unha hamburguesa porriñesa asipira a ser a mellor de España

Trátase da Alhambra que celebra o seu 40 aniversario presentando a súa proposta ao II Campionato de España de Hamburguesas Best Burguer Spain.

Hamburguesas de todo o país participan ata o 28 de febreiro no II Campeonato de España de Hamburguesas Best Burger Spain, un certame ao que concurren unha amplísima variedade de preparacións que van dende as propostas máis tradicionais ás máis vangardistas. En Galicia presentaronse en total catorce establecementos e un deles é do Porriño e é que a icónica Hamburguesería Alhambra presenta a súa “Hamburguesa 40 Aniversario”, unha proposta de terneira madurada galega con leituga, cebola caramelizada, queixo D.O. de Arzúa e pan do Porriño, rematada coa súa salsa estrela: o chupitroco.

Foi o seu aniversario o que serviu de inspiración e os animou a presentarse ao concurso. “A hamburguesería abriuse no ano 1981”, explica o responsable do establecemento, Santiago Puertas, que lembra que “o ano pasado cumprimos 40 anos, pero por mor da pandemia non puidemos celebralo» polo que «presentarnos a este concurso pareceunos unha boa forma de iniciar as celebracións do aniversario”. 

Desde que abrirá as súas portas da man do pai de Santiago, Juan Francisco Puertas, a hamburguesería Alhambra postulouse como todo un referente na hostalería porriñesa atraendo a moita xente dos municipios de arredor que veñen ao Porriño a disfrutar das súas hamburguesas. A oferta foi ampliándose e a día de hoxe a carta a compoñen tamén propostas veganas ou de polo, pero o producto estrela segue a ser a de sempre. “A receita é a tradicional, basada na calidade do produto”, apunta Santiago, “esa é a clave do seu éxito”, incide.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, achegouse este martes a probar a “Hamburguesa 40 aniversario” e felicitar a Santi pola súa iniciativa. Dixo o rexedor que se trata dun local «de referencia na vila que leva servidas máis de dous millóns de medio de hamburguesas, non hai quen non coñeza o Alhambra incluso fora do Porriño”, apuntou e animou a probar esta delicia e «votar para axudar a que a do Porriño sexa recoñecida como o que é: a mellor hamburguesa”.

Será un xurado popular quen determine cal é o prato gañador tras valorar a calidade do pan, o queixo, a carne e o sabor e a presentación da proposta. Para participar hai que pedir unha da hamburguesa e recibirase unha tarxeta cun código. O seguinte paso é crear un perfil na web do concurso, acceder a `votar´ e calificar a hamburguesa que se probou. Ademais, por rexistrarse e ser xuíz desta edición entrarase nun sorteo de 1.000 euros. 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES