viernes, abril 26, 2024
InicioNewsComarcasUn mozo das Neves dáse á fuga nun control e abandona o...

Un mozo das Neves dáse á fuga nun control e abandona o coche logo de saírse da vía

A Garda Civil investiga a este condutor por dous delitos contra a seguridade viaria e outro de roubo de vehículo a motor

Foi o pasado 9 de xaneiro cando unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Porriño observou un turismo circulando pola vía que discorre paralela á estación de ferrocarril da vila da Louriña.
Ao decatarse da presenza do vehículo policial comezou a circular a gran velocidade, polo que a patrulla realiza un seguimento do mesmo facendo uso dos sinais prioritarios luminosos e acústicos e indicacións para que deteña a marcha, facendo este caso omiso e percorrendo unha vía na que hai varios pasos de peóns, non reducindo a velocidade en ningún momento, saltándose semáforos en vermello e chegando a tomar unha rotonda en sentido contrario para dirixirse posteriormente cara a estrada N-120 en dirección a Ponteareas, accedendo á A-52 sentido Ourense, onde sofre unha saída de vía á altura do quilómetro 296,500, no termo municipal de Ponteareas, fuxindo a continuación.
Inspeccionado o interior do vehículo, localízase o bastidor dun ciclomotor o cal, tras consulta en base datos, figura como roubado.
Fíxose cargo da investigación o Equipo GIAT do Subsector de Tráfico de Pontevedra, e na tarde do día 25 de xaneiro localizan ao condutor, que resulta ser un veciño das Neves, de 21 anos.
É investigado por dous delitos contra a seguridade viaria, conducir carecendo de permiso de condución e condución temeraria, así como por un terceiro delito por roubo de uso de vehículo a motor, sendo instruídas dilixencias e entregadas no Xulgado de Garda de Ponteareas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES