HomeNewsActualidadeAs mostras "Relicario" e "Na penumbra do tempo" poden visitarse ata o...

As mostras “Relicario” e “Na penumbra do tempo” poden visitarse ata o 30 de novembro en Tui

Ata final de mes, cando se clausura o Ano Xubilar polos 800 anos da consagración da catedral de Tui o 30 de novembro de 1225, continúan abertas ao público dúas actividades que forman parte do programa conmemorativo desta efeméride que ven desenvolvendo o Concello de Tui.

Por unha banda, a catedral tudense acolle “Relicario” unha intervención artística do creador tudense Carlos Fer, que ofrece esta mostra de arte contemporánea nun espazo patrimonial marcado pola arte románica e gótica, nunha mestura certamente atrevida e atractiva. “Relicario” nace da inspiración de Carlos Fer, que xunto á súa mocidade presenta unha traxectoria artística de grande alcance, e que significa a primeira ocasión en que presenta a súa obra artística na súa cidade natal.

Paralelamente a Sala Municipal de Exposicións acolle a exposición fotográfica “A penumbra do tempo: 800 anos de luz e sobra na catedral de Tui” de Gus Abreu con trinta fotografías en gran formato que sorprenden a todos os visitantes. Gus Abreu conta cunha ampla traxectoria no campo audiovisual, tanto en fotografía como en vídeos e na edición deste tipo de materiais, e con esta exposición mostra a súa ollada sobre o elemento referencial do patrimonio tudense como é a catedral de Santa María e ofrecendo unha ollada diferente do seu valor patrimonial.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS