jueves, abril 18, 2024
InicioComarcasLouriñaO Concello de Mos defende a permanencia das empresas de Monte Faquiña

O Concello de Mos defende a permanencia das empresas de Monte Faquiña

Xunta de Galicia e Autoridade Portuaria tenden a man para atopar solucións durante nunha reunión celebrada na Asociación de Empresarios de Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse o pasada semana nas dependencias de Aemos, en Puxeiros, coa directiva da asociación e representantes das empresas do Polígono de Monte Faquiña afectadas pola suba desproporcionada do canon por parte da Comunidade de Montes de Tameiga. O obxectivo desta xuntanza é a busca dunha solución a esta importante parte do empresariado mosense, que se atopa xa buscando solo industrial en Valença para trasladar as súas compañías, de non atopar solución á mencionada situación coa Comunidade de Montes de Tameiga. Para elo estiveron tamén presentes na reunión o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuíña, o director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, IGVS, Heriberto García Porto, e a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, para presentarlles a Plisan ou Porto Seco do devandito municipio como alternativa, e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias.
Neste sentido Arévalo manifestou o seu “agradecemento á Xunta, á Plisan de Salvaterra é ao Porto de Vigo pola man tendida e o interese demostrado para tratar de buscar unha solución e ofrecer unha alternativa ás empresas mosenses de Monte Faquiña, estudando tanto unha vía de regularización do canon como buscando unha localización dentro da provincia que non implique unha fuga de empresas ao país veciño”. Sen embargo, desde o Concello de Mos, puntualizou a alcaldesa, “o noso máximo interese e a nosa aposta clara é por defender o patrimonio desta parte do empresariado mosense, que permanezan onde se atopan asentadas, xa que as empresas afectadas levan investido máis de 20 millóns de euros en 10 anos”.
Nidia Arévalo puxo tamén enriba da mesa a posibilidade dun traslado ao novo polígono de Arrufana, no que o setembro pasado a Xunta anunciaba que habilitará preto de medio millón de metros cadrados de solo industrial. Este novo desenvolvemento é un dos previstos na modificación do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia.
Sen Embargo Arévalo insiste en que “a prioridade do Concello de Mos é que as empresas de Monte Faquiña queden onde están e conserven o patrimonio industrial no que levan investido tantos millóns de euros”.
Rematou a alcaldesa declarando que “a firme vontade municipal é a de apostar polo plan A de que as empresas queden en Monte Faquiña e de buscar e atopar solucións para elo. O plan B sería Arrufana xa que, por suposto, queremos que as empresas permanezan en Mos”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES