sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasLouriñaIker Faure presenta o vídeo do seu primeiro single, “El Camino”

Iker Faure presenta o vídeo do seu primeiro single, “El Camino”

O cantante de Pereiras está apoiado por outras dúas mozas mosenses neste traballo, Antía Caride cos estilismos e Carlota Cebreiro que coprotagoniza con el o vídeo clip

Iker Faure achegouse a pasada semana ata o Concello de Mos para realizar xunto coa alcaldesa, Nidia Arévalo, a presentación do seu primeiro single e vídeo clip titulado “El Camino”.

O single lanzouse previamente e o pasado mércores o vídeo clip da canción que foi gravado, na súa maioría, en localizacións do propio municipio de Mos: Camiño de Santiago, Pazo de Mos e Auditorio do Centro Dotacional de Torroso, entre outros emprazamentos.

Traxectoria
O mosense da parroquia de Pereiras (Campo de Eiró), Iker Faure, iniciouse no mundo da música sendo só un neno, na Escola de Música e Danza MaiSon e participando nun talent show televisivo de audiencia nacional.

O vídeo clip da canción “El Camino”, composta polo propio Iker, está protagonizado por el mesmo e por outra moza mosense, da parroquia de Dornelas, Carlota Cebreiro, e conta con deseño de vestiario e estilismos de Antía Caride, membro do grupo musical de Girl’s Gang, veciña e natural tamén de Pereiras como Iker. O traballo audiovisual conta con Raúl Ben como productor e Protel Vídeo na realización do vídeo.

https://youtu.be/8n1jN41sY3E

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES