jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsA RaiaPortugal remata as restricións cos contaxios COVID á alza

Portugal remata as restricións cos contaxios COVID á alza

Portugal ten os seus contaxios en ascenso pero remata hoxe as restricións que aprobou para o que chamou “periodo de contención” de despois das festas de Nadal. O teletraballo xa é unha recomendación, non obriga.

Bares e discotecas xa poden reabrir despois de máis de 3 semanas sen actividade e elimínanse todas as restricións de aforo na hostalería. Unicamente segue a  obrigatoriedade da máscara en interiores e a necesidade de amosar o pasaporte covid ao entrar en restaurantes e hoteis.

 A esixencia de proba negativa para chegar por avión a Portugal mantense ata febreiro. Por estrada non se pide esa proba negativa.

Nas últimas horas Portugal tivo o seu récord de positivos diarios e non se descarta que volva pasar porque non se chegou ao pico da quinta onda en Portugal. Aínda que os hospitais resisten sen dificultade a atención primaria está totalmente desbordada como acontece por toda Europa.

Neste mes de xaneiro agárdase que se expidan máis baixas que en todo 2021 e actualmente hai medio millón de portugueses illados nas súas casas por contacto ou por ser positivo, é o 5 % da poboación.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES