lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsActualidadeO Castro British International School acogerá la World Robot Olympiad – Vigo...

O Castro British International School acogerá la World Robot Olympiad – Vigo 2024

O evento, organizado por Logonautas, congregará a máis dun centenar de mozos e mozas de entre 6 e 15 anos apaixoados da robótica do sur de Galicia e Norte de Portugal o próximo 8 de xuño.

Logonautas e O Castro British International School traen a Vigo a World Robot
Olympiad. O evento, que congregará a máis dun centenar de mozos e mozas aficionados ao mundo da robótica e da programación, celebrarase o próximo 8 de junio nas instalacións do colexio O Castro British International School, en Mos, no que poderán participar 28 equipos de Pontevedra, Ourense e norte de Portugal, repartidos en diferentes categorías que abarcan dos 6 aos 15 anos.

As olimpiadas presentáronse hoxe no aula STEAM do colexio sede do evento, o Castro British International School, nun acto que contou coa presenza da Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o director do centro, Chris Long, Guillermo Sanjorge, en representación de Logonautas, Jorge Cerqueiro, Decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo e Luis Álvarez, de Optare Solutions, todos promotores do evento, elenco ao que se suma tamén Generali Seguros.

“Estamos encantados de ser os anfitrións da WRO deste ano. Un acontecemento deste tipo non solo apoia a aprendizaxe dixital e o viaxe dos nosos estudantes, senon que fortalece as nosas relacións coa comunidade en xeral», expresou Chris Long, director de O Castro British Internacional School durante a presentación desde evento único na comarca. «As diferentes categorías de robótica que forman parte da competición suporán un reto para os mzoos e mozas da zona, e esperamos que sexan un escaparate do seu talento e duro traballo. A preparación para o evento está xa en marcha para asegurar que todos os estudantes teñan a oportunidade de participar e estamos desexando dar a benvida ás familias do sur de Galicia e norte de Portugal», engadiu.

Pola súa banda, a Alcaldesa de Mos, deixou como testimonio o orgullo que supón para ela que o seu concello sexa a sede dunha competición destas características. «É para min unha honra como rexedora de Mos que o noso municipio sexa sede dunha competición robótica educativa de ámbito internacional de semellante proxección e características. Un encontro que o próximo 8 de xuño proporcionará aquí en Mos, nestas instalacións de O Castro British Internacional School na parroquia de Cela, a centos de escolares de Galicia e Portugal a gran oportunidade de achegarse de forma lúdica e divertida ao mundo da tecnoloxía e enxeñaría». A alcaldesa quixo agradecer a Logonautas e ao colexio O Castro «por facer posible este evento na nosa localidade».


مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS