sábado, julio 27, 2024
InicioActualidadeCulturaSen Senra, referente galego da música urbana, o 25 de xullo en...

Sen Senra, referente galego da música urbana, o 25 de xullo en Castrelos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou o cuarto dos artistas que subirán ao auditorio de Castrelos este verán. En total prevese que actúen 10.

O galego Sen Senra, un referente da música urbana que mestura trap, hip hop, música electrónica e con moita influencia do pop, subirá ao auditorio de Castrelos o xoves 25 de xullo.
» Sera un concerto excepcional, colaborou cos máis importantes artistas que uno poida imaxinar», sinalou Caballero, lembrando que este mozo de Forcarei estivo nomeado tamén aos Latin Grammy.
Sen Senra publicou en 2023 o seu traballo discográfico máis ambicioso, «PO2054AZ». Como lembrou o rexedor vigués «é a matrícula dun coche de Pontevedra».

Confirmados tamén xa os concertos de Dani Fernández (13 de xullo), Víctor Manuel (14 de agosto) e Melendi (17 de agosto).

Abel Caballero:

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES