Sábado, Febreiro 14, 2026
HomeNewsTres persoas contaxiadas polo gromo de lexionela do Baixo Miño están ingresadas...

Tres persoas contaxiadas polo gromo de lexionela do Baixo Miño están ingresadas e sete foron dadas de alta

A Consellería de Sanidade vén de facer público a través dunha nota de prensa que “respecto ao gromo de lexionela detectado nos concellos da Guarda e do Rosal, das dez persoas afectadas neste momento permanecen ingresadas tres persoas”. Delas, unha atópase na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) e dúas están en planta. Ademais, foron dadas de alta sete persoas.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sandiade “segue a investigar a orixe do gromo polo que aínda non se pode consluír cal é a fonte de exposición”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS