HomeNewsO ponteareán Gonzalo Caballero confirma a súa candidatura ás primarias do PSdeG

O ponteareán Gonzalo Caballero confirma a súa candidatura ás primarias do PSdeG

O ponteareán Gonzalo Caballero confirma, a través das súas redes sociais, que se presentará como candidato ás primarias do Partido Socialista de Galicia co obxetivo de ser a persoa que compita para ser o presidente da Xunta de Galicia.

Explica o socialista que “quero un PSdeG forte para o cambio político en Galicia” polo que “para continuar co proceso de contacto e escoita activa coa militancia socialista presentarei a miña precandidatura ás primarias a candidato socialista á presidencia da Xunta”. Di que o obxetivo é “avanzar electoralmente e gañar ao Partido Popular”.

Caballero insistiu en que “estou en política para servir e ser útil, con autenticidade, honradez e lealdade aos valores socialistas”. Pon en valor a súa “bagaxe e traxectoria profesional, e de referenciar ao PSDeG nun tempo no que sempre melloramos”. Finaliza o ponteareán afirmando que “fagoo con ética e na esquerda, loitando por unha Galicia mellor”.

O anuncio chega logo de que Jose Ramón Gómez Besteiro dera o paso de confirmar as súas intencións de ser o candidato dos socialistas de Galicia nas próximas eleccións autonómicas. O líder do PSdeG, Valentín González Formoso, pola contra o paso que deu foi atrás ao retirarse da carreira para ser presidente da Xunta de Galicia.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS