sábado, julio 27, 2024
InicioNewsComarcasO BNG pregunta no Congreso polo estado do proxecto de mellora da...

O BNG pregunta no Congreso polo estado do proxecto de mellora da seguridade na N-120

O BNG vén de rexistrar no Congreso unha batería de preguntas sobre o estado do proxecto de mellora da seguridade viaria na N-120 ao seu paso por Ponteareas, así como polo proceso de redacción do anteproxecto da nova vía de conexión da A-52, a denominada Variante de Ponteareas ou circunvalación.

Na súa exposición, o deputado do BNG, Néstor Rego, lembra que “a execución do proxecto de seguridade viaria na N-120 foi comprometida reiteradamente ante a Corporación Municipal e a Plataforma Veciñal. Tras a publicación do proxecto definitivo no BOE, e grazas as alegacións presentadas, foi necesario incorporar o deseño de dúas novas rotondas e o desprazamento en planta dunha das previstas”. 

Precisamente, este martes Rego mantivo unha reunión co presidente en funcións, o socialista Pedro Sánchez, para negociar o «si» do BNG cara unha investidura.

Miguel Bouzó é o voceiro do Bloque Nacionalista Galego en Ponteareas:

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES