viernes, mayo 17, 2024
InicioNewsA Deputación pide ao concello de Vigo o proxecto da nova grada...

A Deputación pide ao concello de Vigo o proxecto da nova grada de Gol en Balaídos

O ente provincial, liderado agora polo popular Luis Lípez, solicita ao Concello de Vigo, co socialista Abel Caballero como rexedor, o proxecto da nova grada de gol de Balaídos. O obxetivo é «materializar o compromiso da Deputación coa remodelación do estadio».

Deste xeito, o presidente da Deputación reitera nunha carta enviada ao alcalde socialista «o compromiso inequívoco do goberno provincial coa reforma». Ratifica «o desexo de rematala canto antes», segundo explican nun comunicado.

Nesa mesma carta, López lamenta que «a petición de fondos por parte da administración municipal para a nova grada de Gol e a petición dunha reunión sobre os investimentos do ente provincial chegara sen a documentación e información necesaria sobre o proxecto». Explica o presidente provincial que «o único documento que chegou foi un resumo orzamentario dun so folio de extensión».

Neste sentido, Luis López explica que «ao tratarse dunha iniciativa de tal envergadura, a Deputación precisa coñecer con todo detalle o proxecto completo para poder analizalo e avaliar co debido rigor o seu encaixe nos orzamentos provinciais para o ano 2024»

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES