sábado, diciembre 14, 2024
InicioNewsO ponteareán Gonzalo Caballero confirma a súa candidatura ás primarias do PSdeG

O ponteareán Gonzalo Caballero confirma a súa candidatura ás primarias do PSdeG

O ponteareán Gonzalo Caballero confirma, a través das súas redes sociais, que se presentará como candidato ás primarias do Partido Socialista de Galicia co obxetivo de ser a persoa que compita para ser o presidente da Xunta de Galicia.

Explica o socialista que «quero un PSdeG forte para o cambio político en Galicia» polo que «para continuar co proceso de contacto e escoita activa coa militancia socialista presentarei a miña precandidatura ás primarias a candidato socialista á presidencia da Xunta». Di que o obxetivo é «avanzar electoralmente e gañar ao Partido Popular».

Caballero insistiu en que «estou en política para servir e ser útil, con autenticidade, honradez e lealdade aos valores socialistas». Pon en valor a súa «bagaxe e traxectoria profesional, e de referenciar ao PSDeG nun tempo no que sempre melloramos». Finaliza o ponteareán afirmando que «fagoo con ética e na esquerda, loitando por unha Galicia mellor».

O anuncio chega logo de que Jose Ramón Gómez Besteiro dera o paso de confirmar as súas intencións de ser o candidato dos socialistas de Galicia nas próximas eleccións autonómicas. O líder do PSdeG, Valentín González Formoso, pola contra o paso que deu foi atrás ao retirarse da carreira para ser presidente da Xunta de Galicia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS