HomeNewsActualidadeMos anima a participar no cuestionario para avanzar no V Plan de...

Mos anima a participar no cuestionario para avanzar no V Plan de Igualdade

O Concello de Mos, a través da Concellería de Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM), anima á cidadanía a participar no cuestionario habilitado para avanzar na elaboración do V Plan de Igualdade municipal.

A iniciativa busca contar coa participación da veciñanza, coñecer as súas opinións e recoller propostas que permitan identificar necesidades e establecer as prioridades de actuación do novo plan. O obxectivo é que este documento responda á realidade do municipio e ás demandas das persoas que viven nel.

A participación realizarase a través dun cuestionario anónimo e confidencial, polo que as persoas participantes poderán expresar libremente as súas opinións e achegas, sen facilitar a súa identidade.

A campaña de difusión toma como referencia a imaxe do 25N, cunha proposta visual arredor dunha porta aberta como símbolo dun Mos máis igualitario, inclusivo e libre de discriminacións.

As persoas interesadas en participar poden acceder ao cuestionario a través da páxina web municipal (www.mos.es), onde xa está dispoñible para a súa consulta e realización.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS