O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou este mércores un terremoto de magnitude 2,8 no concello ourensán do Carballiño. Os datos publicados indican que o movemento sísmico se produciu ás 01:47 horas.
O terremoto non provocou danos materiais de consideración nin feridos, de acordo coas primeiras informacións dispoñibles.
Segundo informou o 112 Galicia, a central non xestionou chamadas nin incidencias relacionadas co sismo.

