HomeNewsActualidadeUn piquete resultou ferido leve tras ser atropelado nun polígono industrial de...

Un piquete resultou ferido leve tras ser atropelado nun polígono industrial de Pontevedra

Un piquete foi atropelado esta mañá no polígono industria do Campiño, situado no Concello de Pontevedra, segundo informou o sindicato de Comisión Obreiros.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos tiveron lugar ao redor das 6:00h da mañá, á altura do punto limpo, concretamente na rúa Montelouredo. Segundo a mesma fonte, un vehículo arrastrou varios metros a unha persoas. Máis tarde, Comisións Obreiras engadiu que o ferido estaba afiliado ao sindicato, e que foi arrastrado uns 300 metros no capó dun coche, ata que freou e puido baixar. O ferido presentaba danos nunha perna e nunha man, e foi atendido no hospital de urxencias de Montecelo. O implicado, xa foi dado de alta.

Tal e como informou a Subdelegación do Goberno, non hai denuncia interposta e que si hai constancia por parte da Policía Nacional dun incidente entre un condutor e o membro dun piquete.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS