HomeNewsActualidadeSalvaterra súmase á limpeza simultánea dos ríos galegos este sábado

Salvaterra súmase á limpeza simultánea dos ríos galegos este sábado

A Asociación Lazoiro, de Salvaterra de Miño, organiza este sábado, 3 de outubro, unha limpeza no río Tea, enmarcada na iniciativa organizada por ADEGA de Limpeza Simultánea de Rios Galegos.

En concreto, os e as voluntarias limparán un treito do río Tea no marco do municipio. A saída terá lugar ás 9:30 horas dende o Cordeiro, na parroquia de Alxén. Para participar, é preciso inscribirse previamente a través do 711200171.

Dende a asociación insisten que, “aínda que na web de ADEGA a limpeza simultánea sexa o domingo 4, en Salvaterra terá lugar un día antes, o sábado 3 de outubro”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS