O Porriño xa se prepara para acoller este domingo, 4 de outubro, a partir das 12:00 horas, a XXXIII edición da tradicional Festa dos Callos, organizada pola asociación de hostaleiros Ahospor en colaboración co Concello do Porriño. Nesta edición participarán un total de 33 locais da hostalaría porriñesa. Cada ración terá un prezo de 8 euros, que inclúe a ración de callos, o pan e a cazola.
Durante o acto de presentación oficial, que tivo lugar baixo a carpa instalada na praza do Cristo, os asistentes puideron gozar dunha degustación deste prato típico como aperitivo dunha cita que ningún amante da gastronomía se debería perder.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, agradeceu que “33 locais se impliquen nesta nova edición”, sinalando tamén o apoio de Coren e da Deputación de Pontevedra: “sei que o fai con este concello e sei que o fai con todos e cada un dos concellos da provincia”. Neste sentido, Luis López destacou a importancia da gastronomía, do turismo de interior e o peso do Porriño nestes ámbitos, convidando “a todo o mundo a que veña tomar os callos o domingo no Porriño”.
O evento contou coa presenza dunha ampla representación institucional, entre os que se atopaban o propio alcalde,Manuel Alejandro Lorenzo Alonso; o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López Diéguez; a directora territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Blanca García Señoráns; a concelleira de Urbanismo, Promoción e Xestión de Vivenda, Medio Ambiente e Mercados, Antía Carrera Couselo; e o presidente de Ahospor, José Manuel Fernández, xunto a numerosas persoas do tecido empresarial e cultural da localidade.
Cada local, ainda que cunha base única que é a tradicional e histórica do Concello do Porriño, poderá ofrecer as súas variantes. Así, está previsto que algúns locais dispoñan de callos veganos, con macarróns ou outras variedades.
Establecementos participantes
Os establecementos participantes serán os seguintes:
- ● A Francachela
● Amaquía
● Argentino 2
● Bo Camiño
● Camiño de Santiago
● Celtiña
● Colleo con Pinzas
● El Pincho
● Hamburguesería Fran
● Hotel Parque
● La Bendecida
● La Bici
● La Bombonera
● La Cueva
● La de Sandra
● La Guarida
● La Paix
● La Vinoteca
● Maracaibo
● Nómadas
● Paso a Nivel
● Pinzas Burguer
● Platinum
● Pontenova
● Saspi
● Scala
● Sekretos
● Sol
● Treinta y Tau
● Val do Louriña
● Xantar de Pepa
● Zentral

