No Hora Bulideira deste mércores tivemos connosco a Elba Álvarez, central viguesa do Super Amara Bera Bera. Tras esa derrota fronte a Rocasa Gran Canaria na final do PlayOff da Liga Guerreras e coa perspectiva de descansar no verán e celebrar os éxitos das donostiarras (Copa do Rei, Supercopa Ibérica) puidemos falar e conversar con calma. A galega, MVP da Copa do Rei e nomeada a MVP da tempada da Liga, valorou a calidade humana do grupo que tivo este ano, os éxitos do equipo, o seu camiño cara o Europeo de Balonmán de finais de ano e falou do seu vencello con Galicia e con Vigo.
Aquí podedes escoitar a entrevista íntegra coa xogadora:

