Este mércores 25 de novembro no Hora Bulideira de SiRadio (de 15:00 a 16:00 de luns a venres) tivemos connosco ao futbolista galego do CD Coria, Alberto Trapero.
Ao longo do programa falamos con el do seu momento presente na 1RFEF, no xoven e prometedor proxecto do Coria. Ademais, fixemos con el unha andaina pola súa traxectoria como profesional. Pasando polos comezos en Galicia (Val Miñor, Arosa, Estudantil…) ata chegar aos seus ascensos co Recreativo ou o Sabadell e á súa aventura suíza no Bellinzona.
Velaquí podedes recuperar a entrevista íntegra co central de Baiona:

