HomeNewsActualidadeNova convocatoria do programa Verano Joven: Descontos de ata o 90% en...

Nova convocatoria do programa Verano Joven: Descontos de ata o 90% en bus e tren

O Goberno de España vén de anunciar a reedición, por cuarto ano consecutivo, do programa Verano Joven. A iniciativa está dotada cun presuposto de 130 millóns de euros, e permitirá viaxar a persoas de entre 18 e 30 anos en tren, autobús e Interrail por España e por Europa, con descontos que chegan ata o 90 %.

Os descontos poderán ser empregados por persoas nadas entre o 1 de xaneiro de 1996 e o 31 de decembro de 2008, con nacionalidade española ou estranxeira con residencia legal en España.

Tal e como explicou o ministro de Transportes, Óscar Puentes, na conferencia de prensa tras o Consello de Ministrios “o programa ten unha grande aceptación”. Naceu en 2023 co obxectivo “de que os mozos reducisen o uso do vehículo particular, co consecuente recorde de emisións e sinistralidade, potenciando así o transporte público como primeira elección”.

En total, nas tres edicións anteriores, e segundo relatou o dirixente de Transportes, o Verano Joven beneficiou máis de catro millóns de mozos, e foi de menos a mais, batendo as marcas do ano anterior.

Nestes tres anos, os mozos fixeron máis de 16 millóns de viaxes con descontos, dos cales 10,26 millóns foron en tren (Interrail +29.000 pases), o 64 % do total, en tanto que outros 5,8 millóns foron desprazamentos en autobús, o 36,1 %.

Os descontos

Segundo detalla Transportes, os maiores descontos, de ata o 90 %, aplicaranse aos servizos de autobús regular de competencia estatal e tamén aos traxectos de media distancia convencional e en rede de ancho métrico. Así mesmo, os billetes sinxelos de Avant (media distancia de Renfe) poderán obter descontos do 50 %, así como os de longa distancia ou alta velocidade de todos os operadores ferroviarios, cun máximo de 30 euros por billete, para traxectos comerciais.

Tamén terán descontos do 50 % os servizos do Global Flexible de Interrail de 10 días en 2 meses, cando se comercialice a través de Renfe. 

Para optar aos descontos será necesario rexistrarse na páxina web do Verano Joven, que habilitará esta posibilidade nos próximos días. Os interesados terán que rexistrarse co seu DNI ou NIE e, se se cumpren os requisitos, recibirán un código privado e intransferible que deberán utilizar para adquirir os billetes de tren e autobús e o pase Interrail rebaixados nas diferentes páxinas web dos respectivos operadores.

Segundo detalla Transportes, os maiores descontos, de ata o 90 %, aplicaranse aos servizos de autobús regular de competencia estatal e tamén aos traxectos de media distancia convencional e en rede de ancho métrico. Así mesmo, os billetes sinxelos de Avant (media distancia de Renfe) poderán obter descontos do 50 %, así como os de longa distancia ou alta velocidade de todos os operadores ferroviarios, cun máximo de 30 euros por billete, para traxectos comerciais.

Tamén terán descontos do 50 % os servizos do Global Flexible de Interrail de 10 días en 2 meses, cando se comercialice a través de Renfe. Para optar aos descontos será necesario rexistrarse na páxina web do Verano Joven, que habilitará esta posibilidade nos próximos días. Os interesados terán que rexistrarse co seu DNI ou NIE e, se se cumpren os requisitos, recibirán un código privado e intransferible que deberán utilizar para adquirir os billetes de tren e autobús e o pase Interrail rebaixados nas diferentes páxinas web dos respectivos operadores.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS