HomeNewsActualidadeO xuíz do caso Koldo chama a declarar como imputado a un...

O xuíz do caso Koldo chama a declarar como imputado a un garda civil vinculado á seguridade en Transportes

Ismael Moreno, xuíz da Audiencia Nacional encargado do caso Koldo, vén de chamar a declarar como imputado ao subtenente da garda civil José Luis Rodríguez García, encargado de seguridade no Ministerio de Transportes e que declarou como testemuña no xuízo polo caso máscaras no Tribuanl Supremo. A súa declaración terá lugar o vindeiro 8 de xullo.

Segundo a investigación, o imputado mantería reunións co exasesor do Ministerio, Koldo García, entre 2022 e 2023 e hai “indicios” do “seu coñecemento e posible participación” nos feitos segundo o xuíz, que se lle considera tamén unha “peza chave na xestión dos contratos investigados”.

Na súa declaración no xuízo ao ministro José Luis Ábalos, o seu asesor Koldo García e o comisionista Víctor de Aldama, este garda civil relatou que este último “tiña acceso permanente” en Transportes e “subía á planta onte estaba o ministro sen pedir permiso a ninguén”.

Na súa declaración no xuízo ao ministro José Luis Ábalos, o seu asesor Koldo García e o comisionista Víctor de Aldama, este garda civil relatou que este último “tiña acceso permanente” en Transportes e “subía” á planta onde estaba o ministro “sen pedir permiso a ninguén” e “sen ninguén dicirlle nada”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS