HomeNewsActualidadeXulio M. Sigüenza presenta a exposición “Reflexións coa voz tapada” na Sala...

Xulio M. Sigüenza presenta a exposición “Reflexións coa voz tapada” na Sala Municipal de Tui

Este venres, 15 de maio, ás 19 h, inaugúrase a exposición “Reflexións coa voz tapada” Xulio M. Sigüenza. A mostra poderá visitarse na Sala Municipal do Edificio Francisco Sánchez de Tui até o 30 de maio.

A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade do Concello de Tui sinala que “a exposición destaca pola súa orixinalidade e a súa capacidade para promover no espectador a reflexión sobre as nosas actividades e actitudes cotiás”.

En “Reflexións coa voz tapada” Xulio M. Sigüenza convida ao espectador, unha vez máis, dende a súa particular visión irónica, artística e filosófica e a través de peculiares instalacións e expresións de arte conceptual, á reflexión e a avivar o pensamento crítico.

Nesta ocasión , faino da man de Étienne de la Boétie, quen alá polo século XVI, xa advertía sobre “o perigo da servidume voluntaria, esa tendencia á obediencia cega á que o ser humano con frecuencia se autosomete en sociedade, movido por unha persistente e insensata tendencia a renunciar á súa cualidade más valiosa e intrínseca como homo sapiens: o sentido crítico” tal e coma se recolle no catálogo da mostra comisariada por Ana Beatriz Rodríguez Sánchez.

A exposición “Reflexións coa voz tapada” poderá visitarse de luns a venres de 9 a 14 h e de 15.30 a 20.30 h e os sábados de 9 a 13 h ata o 30 de xuño.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS