HomeNewsActualidadeIngresan en prisión os tres detidos polo secuestro do vigués aparecido en...

Ingresan en prisión os tres detidos polo secuestro do vigués aparecido en Moaña

Os tres detidos pola Policía Nacional de Vigo, a causa da suposta relación co secuestro do home que apareceu ensanguentado nunha cuneta da Autovía do Morrazo, veñen de ingresar en prisión provisional tras prestar declaración no Xulgado de Garda de Vigo, praza nº1 da sección de Instrución do Tribunal de Instancia.

A prisión decretouse por presunta autoría de delito de detención ilegal e lesións e a causa será seguida pola praza nº7 do mesmo tribunal.

Así é, na mañá deste xoves a Policía Nacional de Vigo confirmaba a detención de tres persoas como presuntos autores do secuestro e lesións cometidos tanto ao home de Vigo atopado en Moaña, como á muller, que segundo informou este primero, tamén meteron no coche á forza con el cando estaban na Praza de América de Vigo.

O home agredido, asegurou no momento da súa atención, que esa muller viaxara con él mais que cando a el o apalizaron e o abandonaron en Moaña, ela continuou no coche. Tras varias pesquisas, a muller foi localizada pola Policía Nacional nun piso okupa en Bouzas.

Na nota de prensa remitida aos medios polos axentes, confirman que o home e a muller foron trasladados á forza ata Moaña e ambos resultaron agredidos.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS