HomeNewsActualidadeO español que deu positivo en hantavirus continúa con síntomas pero estable

O español que deu positivo en hantavirus continúa con síntomas pero estable

O cidadán español que viaxaba no MV Hondius, de 70 anos, e que deu positivo en hantavirus permanece illado no Hopsital Gómez Ulla de Madrid e continúa con síntomas pero estable. Concretamente, o home segue tendo febrícula e síntomas respiratorios.

Polo de agora, o resto dos españois illados seguen unha corentena moi estrita, a pesar de non dar positivo ningún deles. Está previsto a realización de dúas PCR o próximo domingo, unha semana despois do seu ingreso, que permitirán unha flexibilización con visitas e saídas do cuarto, sempre baixo as medidas de protección e seguridade establecidas.

Segundo informou a Organización Mundial da Saúde (OMS), manteñen este xoves en once os casos de hantavirus no cruceiro e todos eles corresponden a persoas que estiveron a bordo.

Do mesmo xeito, dende a organización aseguraron que “o risco para a poboación mundial é baixo, e que se seguirá vixiando a situación epidemiolóxica”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS