A Policía Nacional detivo a tres persoas pola suposta relación coa aparición en Moaña dun veciño de Vigo, ensanguentado e con múltiples malladuras, nunha cuneta da Autovía do Morrazo.
O home foi localizado na tarde do domingo por uns particulares, que deron a voz de alarma aos axentes policiais. O home aseguraba ser vítima dun secuestro.
As primeiras investigacións do caso apuntan a unha suposta liorta entre persoas coñecidas, que tivo lugar en Vigo. Tras isto, trasladaron ao ferido nun vehículo ata a parroquia de Meira, onde o abandonaron.
Ao ser localizado, o home foi trasladado a un centro hospitalario para recibir asistencia médica.
Os detidos
Os axentes policiais procederon á detención de tres persoas, dous homes e unha muller, veciños de Vigo e arredores.
Ata o de agora, os tres permanecen en dependencias policiais á espera de pasar a disposición xudicial.
Pola contra, a investigación segue aberta e non se descartan máis detencións.

