Oito persoas resultaron feridas nun accidente no que se viron implicados media ducia de vehículos. Os feitos ocorreron este martes pola mañá na A-55, ao seu paso pola localidade pontevedresa de Mos.
O sinistro tivo lugar en torno ás oito e media da mañá no quilómetro 12, á altura da parroquia de Petelos, e oito persoas resultaron feridas leves, aínda que só unha delas precisou asistencia médica.
A raíz do incidente, a Garda Civil cortou un dos carrís da estrada, o que provocou importantes retencións.
Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias 061, Policía Local, Garda Civil de Tráfico, GES de Mos, Bombeiros de Baixo Miño e servizos de mantemento da vía.

