Martes, Abril 14, 2026
HomeNewsActualidadeOito persoas feridas leves nun accidente múltiple na A-55 en Mos

Oito persoas feridas leves nun accidente múltiple na A-55 en Mos

Oito persoas resultaron feridas nun accidente no que se viron implicados media ducia de vehículos. Os feitos ocorreron este martes pola mañá na A-55, ao seu paso pola localidade pontevedresa de Mos.

O sinistro tivo lugar en torno ás oito e media da mañá no quilómetro 12, á altura da parroquia de Petelos, e oito persoas resultaron feridas leves, aínda que só unha delas precisou asistencia médica.

A raíz do incidente, a Garda Civil cortou un dos carrís da estrada, o que provocou importantes retencións.

Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias 061, Policía Local, Garda Civil de Tráfico, GES de Mos, Bombeiros de Baixo Miño e servizos de mantemento da vía. 

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS