Martes, Xaneiro 27, 2026
HomeNewsActualidadeOs centros de crise 24 horas atenden a 350 vítimas de violencia...

Os centros de crise 24 horas atenden a 350 vítimas de violencia sexual no seu primeiro ano

A Consellería de Política Social e Igualdade vén de avanzar os datos sobre o primeiro ano de funcionamento dos centros de crise 24 horas. Neste período foron atendidas nestes centros máis de 350 vítimas de violencia sexual.

A análise territorial amosa que os servizos de Vigo (31 %), Ferrol (21 %) e Santiago de Compostela (20 %) son os que concentran o maior número de casos atendidos, o que se relaciona co volume de poboación destes ámbitos. Cos menores rexistros sitúanse os de Lugo (15 %) e de Ourense (14 %).

No que se refire ao perfil das vítimas atendidas, case a metade son mulleres con idades comprendidas entre os 20 e os 40 anos e, maioritariamente, de nacionalidade española (70%).

Ademais dunha primeira atención de urxencia, os centros de crise realizan outras intervencións de apoio ás vítimas e á súa contorna, como poden ser: atención psicolóxica, social ou asesoramento xurídico. Nos doce primeiros meses de funcionamento, realizáronse 4.347 intervencións, das cales a atención psicolóxica representa aproximadamente o 50 %, a intervención social supón arredor do 20 % e o asesoramento xurídico, o 13%.

Así mesmo, e máis alá da atención integral ás vítimas, a actividade destes centros de crise compleméntase coa promoción de accións de sensibilización, divulgación e formación. Estas accións está dirixidas tanto á sociedade en xeral como aos sistemas clave implicados na loita contra a violencia sexual: educativo, xudicial, policial, sanitario e social.

Galicia conta con cinco centros de crise 24 horas, un máis dos que fixa a normativa. Están situados nas contornas dos complexos hospitalarios de Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo. Estes espazos dan atención presencial as 24 horas do día e os 365 días do ano.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS