Luns, Xaneiro 26, 2026
HomeActualidadeDeportesO Celta de Vigo fai oficial o regreso de Fer López

O Celta de Vigo fai oficial o regreso de Fer López

O futbolista dos Wolves xogará cedido ata final de tempada no conxunto vigués

Seis meses despois da súa marcha, Fer López volve ao Celta de Vigo. O equipo celeste fixo oficial na tarde de hoxe o acordo co Wolverhampton Wanderers para a súa cesión para o que resta de tempada. No seu paso polos Wolves, equipo que efectuou a súa compra o pasado verán, Fer sumou apenas 12 partidos (4 deles coma titular) e unha asistencia. A causa desa falta de oportunidades a vontade do xogador era unha saída.

O canteirán, formado no Celta desde os 9 anos, regresa deste xeito á que considera como súa casa e volverá a atoparse con Claudio Giráldez, adestrador que o levou a Primeira o ano pasado e que expresou en múltiples ocasións o seu desexo de recuperar ao xogador ao longo das últimas semanas. Fer López convírtese deste xeito no primeiro reforzo dos vigueses neste mercado de fichaxes invernal como axuda para afrontar a segunda volta da liga e as vindeiras eliminatorias europeas.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS