jueves, enero 15, 2026
InicioA terraA nosa culturaA Rede Pública de Albergues do Xacobeo recibe o premio Q 2026

A Rede Pública de Albergues do Xacobeo recibe o premio Q 2026

A Rede Pública de Albergues do Xacobeo vén de ser galardoada nesta edición co Premio Q 2026 que outorga o ICTES, Instituto para a Calidade Turística Española e a Sustentabilidade, e que recoñece a aposta desta rede pola Sustentabilidade Turística ao seren recoñecidos moitos dos seus establecementos coa marca S de Sustentabilidade do ICTES.

Tamén serán distinguidos nesta edición o Concello de Marbella e o Garage Beat Club de Murcia. A entrega da distinción terá lugar o xoves, 22 de xaneiro, coincidindo coa celebración de Fitur, no Palacio de Cibeles, en Madrid.

A Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago, depende de Turismo de Galicia, e está formada por setenta e seis centros aloxativos que oferta máis de máis de tres mil catrocentas prazas.

O premio recoñece o esforzo pola calidade e a sustentabilidade. No ano 2025, 25 albergues de peregrinos da rede pública do Xacobeo acadaron a certificación de S de Sostibilidade Turística. En total, están acreditados con esta marca 31 albergues galegos.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS