A manifestación comenzará na planta de Ponteareas e rematará no Concello.
Os traballadores e as traballadoras do grupo Ganomagoga marchan este xoves para reclamar unha solución ao peche da empresa. Partirán dende a planta que se sitúa na parroquia de Areas, en Ponteareas, e chegarán ata o Concello da vila do Tea.
O presidente do Comité de Empresa de Ganomagoga, Xabier Pérez, explica que cómpre a implicación das administracións públicas porque “están en risco o sustento de 200 familias”. Amais, indica que a situación de quebra “foi unha sorpresa porque o ano pasado foi un dos que máis produción sacamos”.
Podes escoitar as declaracións do presidente do Comité, Xabier Pérez, aquí:
O traballador de Ganomagoga en Areas, Lino Costas, explicou en Si Radio a “incerteza” do persoal:

