lunes, abril 29, 2024
InicioComarcasO CondadoTraballadores de Ganomagoga marchan este xoves para reclamar unha solución ao peche

Traballadores de Ganomagoga marchan este xoves para reclamar unha solución ao peche

A manifestación comenzará na planta de Ponteareas e rematará no Concello.

Os traballadores e as traballadoras do grupo Ganomagoga marchan este xoves para reclamar unha solución ao peche da empresa. Partirán dende a planta que se sitúa na parroquia de Areas, en Ponteareas, e chegarán ata o Concello da vila do Tea.

O presidente do Comité de Empresa de Ganomagoga, Xabier Pérez, explica que cómpre a implicación das administracións públicas porque «están en risco o sustento de 200 familias». Amais, indica que a situación de quebra «foi unha sorpresa porque o ano pasado foi un dos que máis produción sacamos».

Podes escoitar as declaracións do presidente do Comité, Xabier Pérez, aquí:

O traballador de Ganomagoga en Areas, Lino Costas, explicou en Si Radio a «incerteza» do persoal:

 

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES